Pasar al contenido principal

Analizan na USC as últimas metodoloxías en teoría literaria e o seu papel no discurso académico actual

Analizan na USC as últimas metodoloxías en teoría literaria e o seu papel no discurso académico actual
Analizan na USC as últimas metodoloxías en teoría literaria e o seu papel no discurso académico actual
Christopher Norris, un dos críticos e teóricos máis relevantes, participa no seminario

O grupo de investigación da USC Discurso e Identidade, que coordinao profesor José Manuel Barbeito Varela, organiza esta semana en Santiago o seminario "The 'Age of Theory' in Perspective" en torno aos últimos avances e metodoloxías en teoría literaria e o seu papel no discurso académico actual. O encontro, a desenvolver do 14 ao 18 na Facultade de Filoloxía, conta coa participación do catedrático da Universidade de Cardiff, Christopher Norris, un dos críticos e teóricos máis relevantes na actualidade. Será precisamente el quen pronuncie a conferencia inaugural este luns 14 ás 9.30 horas no salón de graos da Facultade. O resto dos relatorios correrán a cargo de Esteban Pujals e Daniel Essig, da Autónoma de Madrid; e César Domínguez, José María Díaz Lage e Jorge Sacido, da Universidade de Santiago. O seminario rematará o venres 18 cunha conferencia de Christopher Norris na Facultade de Filosofía sobre realismo especulativo. Tamén el será o encargado de impartir durante toda a semana un curso sobre teorías contemporáneas da literatura e a cultura.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.01.2013.