Pasar al contenido principal

Comezan as visitas de alumnado de secundaria á Universidade de Santiago

Participan máis de 2.000 estudantes de toda Galicia

Máis de 2.000 alumnas e alumnos de 38 centros de ensino secundario de toda Galicia visitan esta semana o campus de Compostela dentro dos Encontros na zona USC 2013. Con esta iniciativa o programa ‘A Ponte’ achega ao estudantado de ensino medio os estudos nos que pode estar máis interesado, mostrándolle as materias coas que se van atopar así como as saídas profesionais ou posibilidades de atopar emprego en cada ámbito. As rapazas e rapaces que acudan a Compostela coñecerán as instalacións onde se imparte a titulación na que estean interesadas/os e mesmo poderán a unha clase co alumnado de 1º curso ou, nalgún caso, visitar laboratorios de clases prácticas. Ademais dos responsables dos centros, nas visitas participan os titores do alumnado de 1º curso que serán os encargados de dirixilos polos campus e comentarlles a súas vivencias na USC. Dous percorridos As visitas concéntranse entre este martes 19 e o xoves 21 con dous percorridos simultáneos que partirán ás 10.45 horas ben do Campus Norte (Residencia Universitaria Burgo das Nacións) ou ben de Campus Vida (Residencia Universitaria Monte da Condesa). En función da ruta que se elixa coñeceranse uns centros ou outros abranguendo, iso si, a totalidade de centros docentes da USC en Santiago. Pola tarde, existe a posibilidade de visitar o Patrimonio Histórico, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, as Residencias Universitarias e a Cidade da Cultura. Esta actividade complementarase cunha feira de titulacións que terá lugar no mes de abril no Campus de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.02.2013.