Pasar al contenido principal

Clausura do curso sobre xénero e novas masculinidades

O alumnado do curso ‘Xénero e novas masculinidades’ da USC recollerá este martes 19 os seus diplomas nun acto que se desenvolverá ás 17:00 horas na Aula 22 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte). Participan a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva, e a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López. O curso é responsabilidade do Seminario Permanente ‘Novas masculinidades e cambio social’ adscrito ao Instituto de Ciencias da Educación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.02.2013.