Pasar al contenido principal

Case 1.000 comunicacións presentadas ao XIII Congreso Internacional Ibercom de maio en Santiago

O congreso de referencia no eido das Ciencias da Comunicación, Ibercom 2013, desenvolverase entre o 29 e o 31 de maio na Facultade das Ciencias de Comunicación de Santiago baixo o lema ‘ Comunicación, Cultura e Esferas de Poder’. Ao encontro presentáronse xa preto dun millar de comunicacións. O encontro está organizado pola Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (Agacom) presidida pola profesora da USC Margarita Ledo e a Assibercom, en colaboración coas Facultades de Ciencias de Comunicación das tres Universiaddes galegas. O congreso acollerá reunións de decanos, de directores de próximos congresos de comunicación, de programas como o IAMCR para Iberoamérica ou o bilateral ALAIC/Nordicom, así como a presenza de numerosas revistas do campo da comunicación. Desenvolverase en torno a oito divisións temáticas que abranguen políticas, estruturas, comunicación organizacional, teoría e métodos, educomunicación, discursos, cine e audiovisual e historia. Na sesión de peche renderase homenaxe ao cineasta recentemente falecido Octavio Getino, fundador do Grupo Cine Liberación e da Escola do Terceiro Cine.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2013.