A protección do consumidor de produtos financeiros e o bo goberno empresarial, a debate en dous cursos na Facultade de Dereito
O Centro de Responsabilidade Social das Empresas, Goberno Corporativo e Protección do Inversor (CERGI) da USC mantén ata o 28 de febreiro o prazo de matrícula nos cursos de libre configuración ‘ Integración europea e dereito privado’ e ‘Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas’ do Módulo Jean Monnet que como cada ano se desenvolven na Facultade de Dereito. Estes cursos, que xa van pola décima edición, convocan en Santiago personalidades do Instituto Galego de Consumo, do Consello Galego da Competencia e de numerosas Universidades de toda España. Nesta ocasión trataranse temas de actualidade como os aspectos financeiros da protección do consumidor e do investidor, as preferentes, as cláusulas abusivas, o crédito ao consumo ou a responsabilidade social empresarial. Para maior información pódese consultar o web do centro ou contactar con elena.carrillo [at] usc.es (elena[dot]carrillo[at]usc[dot]es) ou armidaliliana.gallegos [at] usc.es (armidaliliana[dot]gallegos[at]usc[dot]es).