Nova NerdNite o xoves en Compostela
Será ás 22.00 horas no Kunsthalle
As NerdNites, encontros que xuntan ciencia con divertimento en espazos lúdicos urbanos, volven a Compostela o vindeiro xoves 7 de febreiro. A cita, aberta a calquera persoa interesada, será ás 22.00 horas no Kunsthalle. Nesta ocasión intervirán Francisco Camiña Ceballos, do Departamento de Xenética da facultade de Bioloxía, coa charla ‘O feitizo xenético dos Austrias’; a arquitecta do Consorcio de Santiago Idoia Camiruaga con ‘Construíndo, a curta historia da esfera oblonga ou que é primeiro, a idea ou o ovo’; e Juan Sabín Fernández, investigador en Física de Coloides do Departamento de Física Aplicada, que rematará a sesión falando de superátomos flotando no espazo exterior.