Pasar al contenido principal

Última semana para matricularse no exame CILS de italiano na USC

O Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) é dende 2007 centro examinador en Galicia para os exames CILS (Certificazione di Italiano come lingua straniera) da Università per Stranieri di Siena para a Lingua Italiana como lingua estranxeira. Ata o 5 de abril estará aberto o prazo de matrícula para realizar os exames UNO-B1 e DUE-B2 (no mes de xuño) en Santiago. Na páxina web da Università per Stranieri di Siena pode consultarse o manual ‘Le Linee guida CILS’ que contén tanto a descrición pormenorizada dos contidos de cada un dos niveis como a descrición das probas. Na mesma páxina pódense atopar tamén exames de convocatorias pasadas coas súas correspondentes claves e criterios de corrección.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2013.