Pasar al contenido principal

O Claustro de Fonseca acolle en Semana Santa a exposición ‘Camelia de Galicia’

Fonseca xa ten acollido en anos anteriores unha exposición similar a dos días 29 e 30
Fonseca xa ten acollido en anos anteriores unha exposición similar a dos días 29 e 30

Coincidindo coa Semana Santa, o claustro do Colexio de Fonseca acollerá os días 29 e 30 de marzo a exposición ‘Camelia de Galicia’ na que se poderán contemplar máis de 200 variedades desta planta característica dos xardíns de inverno galegos procedentes das mellores coleccións privadas do país. Organizada por Turgalicia en colaboración coa USC, a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e a Sociedade Española da Camelia, esta mostra chega por segunda vez a Fonseca logo do grande éxito acadado por esta mostra na primeira ocasión en 2008. Difíciles de obter pola súa procedencia do Lonxano Oriente, nun primeiro momento foron plantas de xardíns de pazos e casas señoriais da nobreza galega, e nos últimos 50 anos pasaron a formar parte dos xardíns e fincas tanto públicos como privados de toda Galiza. A mostra, de entrada gratuíta, permanecerá aberta o venres 29 de 13.00 a 21.00 e o sábado 30 de 11.00 a 21.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.03.2013.