Pasar al contenido principal

O formador e coach profesional Felipe García conduce o día 13 unha sesión de motivación na Facultade de ADE

A USC pecha o martes 12 de febreiro o prazo de inscrición na xornada ‘Véndete’, organizada pola Área de Orientación e Inserción Laboral do campus de Lugo

O formador e coach profesional Felipe García Rey impartirá o vindeiro mércores 13 de febreiro, no salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo a xornada formativa ‘Véndete’, unha sesión de motivación e autocoñecemento a través da que os asistentes poderán coñecer mellor e descubrir novas claves para a busca activa de emprego.

Esta xornada, organizada pola Área de Orientación e Inserción Laboral do campus de Lugo, desenvolverase en quenda de mañá, de 10.30 a 13.30 horas. A matrícula é de balde e os interesados poden xa formalizar a súa inscrición a través do enderezo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es). O programa ‘Véndete’ vai dirixido fundamentalmente a estudantes de últimos cursos e a titulados universitarios. O poñente Felipe García Rey aproveitará esta sesión para incidir, sempre en clave positiva, nas pautas e elementos que non se poden descoidar á hora de buscar emprego.

García Rey resaltará tamén a importancia de afrontar o proceso de inserción laboral en clave positiva, xa que, segundo defende este instrutor profesional, a motivación en clave positiva constitúe un activo tan importante como imprescindible para completar con éxito o difícil proceso de buscar emprego.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.02.2013.