Pasar al contenido principal

Arranca o segundo semestre das NerdNites en Compostela

Arranca o segundo semestre das NerdNites en Compostela
Arranca o segundo semestre das NerdNites en Compostela
Será este xoves 7 ás 22.00 horas no Kunsthalle

As NerdNites, encontros que xuntan ciencia con divertimento en espazos lúdicos urbanos, volven a Compostela o vindeiro xoves 7 de febreiro. A cita, aberta a calquera persoa interesada e con grande éxito de público nas sesións anteriores, será ás 22.00 horas no Kunsthalle (rúa da Conga, 8). Nesta ocasión intervirán Francisco Camiña Ceballos, do Departamento de Xenética da Facultade de Bioloxía, coa charla ‘O feitizo xenético dos Austrias’; a arquitecta do Consorcio de Santiago Idoia Camiruaga con ‘Construíndo, a curta historia da esfera oblonga ou que é primeiro, a idea ou o ovo’; e Juan Sabín Fernández, investigador en Física de Coloides do Departamento de Física Aplicada, que rematará a sesión falando de superátomos flotando no espazo exterior.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.02.2013.