Pasar al contenido principal

A USC e a Universidade Nacional ‘San Luis Gonzaga’ de Ica cooperarán nos ámbitos cultural, científico e pedagóxico

A USC e a Universidade Nacional ‘San Luis Gonzaga’ de Ica cooperarán nos ámbitos cultural, científico e pedagóxico
A USC e a Universidade Nacional ‘San Luis Gonzaga’ de Ica cooperarán nos ámbitos cultural, científico e pedagóxico

O reitor da USC Juan Casares e o da Universidade Nacional ‘San Luis Gonzaga’ de Ica (Perú), Alejandro Gabriel Encinas Fernández, asinaron este xoves 7 un protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica nunha sesión protocolaria celebrada no Colexio de San Xerome. Na sesión tamén estiveron presentes o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Gestal, e o catedrático de Didáctica e Organización Escolar, Miguel Zabalza. Este acordo renova e actualiza as relacións de cooperación entre ambas institucións académicas establecidas nun convenio marco asinado a finais de 2007. O novo documento pretende promover o desenvolvemento e difusión da cultura e, en especial, o desenvolvemento da ensinanza superior de grao e posgrao e a investigación científica e tecnolóxica. A primeira das iniciativas a acometer será o desenvolvemento dun proxecto de reformulación curricular e formación de profesorado na Universidade Nacional de Ica. Porase en marcha este mesmo ano co apoio de especialistas da USC e doutras universidades do Estado baixo a coordinación da institución académica compostelá. O obxectivo, indicou Juan Casares, será mellorar o proceso de acreditación da institución peruana. Deste xeito, engadiu Alejandro Encinas, a renovación permitirá á Universidade San Luis Gonzaga situarse entre as mellores do país. O protocolo contempla ademais o intercambio de profesorado, persoal investigador e estudantado; formación de docentes e investigadores/as; intercambio de información e documentación; desenvolvemento conxunto de cursos de grao e posgrao; realización de seminarios, conferencias, coloquios, encontros ou xornadas; así como publicacións e proxectos científicos. De xeito inicial, o documento terá unha vixencia de dous anos que se poderán prorrogar automaticamente por períodos iguais, salvo disconformidade de calquera das partes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.02.2013.