Pasar al contenido principal

Investigadores da USC participan nun experimento que bate o récord mundial na capacidade de transmisión de datos

De esquerda a dereita, os investigadores Moreno, Prieto, Montero e Liñares
De esquerda a dereita, os investigadores Moreno, Prieto, Montero e Liñares
Alcanzaron unha velocidade de transmisión de 1.05Pbit/s nunha única fibra óptica multicore

O Grupo de Óptica Integrada, Fibras Ópticas e Metroloxía Óptica do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela colaborou con NEC Laboratories America Inc., Corning Inc. e a Universidade de Princeton no desenvolvemento dun experimento no que se conseguiu unha velocidade de transmisión de 1.05Pbit/s, alcanzándose así un récord mundial de transmisión por fibra óptica. Os resultados fixéronse públicos no congreso internacional 2012 Frontiers in Optics/Laser Science XXVIII celebrado o pasado outubro en Nova York como postdealine paper (traballos de alto impacto científico-tecnolóxico) do que son coautores os investigadores da USC Carlos Montero, Xesús Prieto, Vicente Moreno e Jesús Liñares. Entre as mellores innovacións fotónicas de 2102 A investigación é o cumio doutro traballo previo, da mesma coautoría que o anteriormente citado, sobre multiplexación modal espacial realizado por un grupo internacional de Universidades (USC, Hong Kong Polytechnic University, University of South Wales and University of Central Florida) e centros de investigación (NEC Labs America e Corning Inc.) e cuxos resultados publicáronse na revista internacional Optics Express (vol.20, pp2668, 2012). O estudo foi considerado pola revista Laser Focus World (vol.48, Issue 12) como unha das vinte mellores innovacións fotónicas do ano 2102 polo seu futuro impacto nas comunicacións ópticas.

En todos estes traballos os investigadores da USC desenvolveron varios elementos ópticos clave dos prototipos de multiplexación espacial e amplificación modal, dous subsistemas estratéxicos no sistema optoelectrónico completo que implementou o experimento de transmisión a 1.05Pbit/s.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.02.2013.