Pasar al contenido principal

Tres estudantes do Colexio Peleteiro e do IES Rosalía de Castro irán á fase nacional da XXIV Olimpíada Española de Física

Tres alumnos de Santiago clasificáronse esta fin de semana para a fase nacional da XXIV Olimpíada Española de Física que terá lugar en abril na Universidade de Lleida. Por orde de cualificación, os seleccionados son Carlos García Ling, do colexio Manuel Peleteiro; Fernando Castro Prado, do I.E.S. Rosalía de Castro; e Carlos Codesido Sánchez, do Colexio Manuel Peleteiro. Estes estudantes foron os mellores da fase local celebrada na Facultade de Física correspondente ao distrito da Universidade de Santiago (Lugo e Santiago). O próximo 5 de abril no centro compostelán farase entrega dos diplomas acreditativos aos nove alumnos seleccionados na fase local das tres Universidades de Galicia. Os cinco primeiros clasificados a fase nacional de Lleida viaxarán en xullo a Copenhague (Dinamarca) para participar na XLIV Olimpíada Internacional de Física.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.03.2013.