campUSCulturae e a Facultade de Ciencias da Comunicación celebrarán este xoves a Semana da Prensa na Escola
O proxecto campUSCulturae e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago celebrarán este xoves 14 a Semana da Prensa na Escola coa visita dun grupo de alumnos/as e profesores/as do Centro de Educación Especial ‘Juan María’ de Nigrán. Este colectivo, composto por estudantes de distintas idades afectados por minusvalías psíquicas, ten traballado na elaboración de prensa no seu centro utilizando fórmulas de lectura doada e pictogramas que plasman no xornal Unha voz para todos. A visita ás instalacións da Facultade desenvolverase entre as 11.00 e as 13.00 horas, tempo no que ademais participarán nunha clase-debate sobre a entrevista xunto con alumnado e profesorado deste centro.