Pasar al contenido principal

O profesor da Facultade de ADE Sebastián Villasante participa no foro de capital natural organizado pola Universidade de Stanford

Carlos Sebastián Villasante Larramendi
Carlos Sebastián Villasante Larramendi
Este investigador da USC integrado no grupo de economía do Campus de Excelencia do Mar disertará sobre servizos ecosistémicos mariños provistos pola acuicultura rural

O profesor da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela Sebastián Villasante Larramendi participa como poñente na conferencia anual sobre capital natural organizada pola Universidade de Stanford, un congreso internacional que reunirá ata o venres 15 a investigadores de todo o mundo na universidade californiana.

A temática do congreso sobre capital natural que organiza a Universidade de Stanford céntrase, en gran medida, no estudo, mapeo e a modelización de servizos ecosistémicos provistos polos propios sistemas naturais, así como o seu cometido e o grao de incidencia que teñen para mellorar o benestar humano. O profesor da USC Sebastián Villasante Larramendi, integrado tamén no grupo de economía do Campus de Excelencia do Mar e cuxas investigacións versan, en gran medida, sobre cuestións do medio mariño, disertará no marco desta conferencia internacional sobre aspectos teóricos e experiencias prácticas sobre o uso dos servizos ecosistémicos mariños provistos pola acuicultura rural procedentes de diversas localidades de África. Na súa intervención, Villasante Larramendi fará a presentación de diferentes casos de estudo para a mellorar o coñecemento e a distribución espacial dos diferentes servizos ecosistémicos (aprovisionamento, recreativos, culturais...) a través dos diversos grupos sociais ou das actividades económicas que se benefician deles.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.03.2013.