Pasar al contenido principal

A Facultade de ADE acolle este luns unha xornada sobre procesos concursais desde a perspectiva legal e empresarial

A titular do xulgado do Mercantil de Lugo, Ángela Galván, abrirá a quenda de relatorios dunha sesión na que tamén invertirán outros tres poñentes

A titular do xulgado do Mercantil de Lugo e profesora da Uned, Ángela Galván Gallegos, participará este luns nun foro de debate e análise sobre os concursos de acreedores organizado pola Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo.

As xornadas ‘As claves dos concursos de acreedores: da legalidade á realidade empresarial’, que aínda qeu se dirixen a alumnos e profesores do centro universitario tamén están abertras á participación de todo o público interesado, desenvolveranse a partir das 17.00 horas, na Aula Magna da facultade de ADE. A maxistrada Galván Gallegos abordará no seu relatorio cuestións relativas tanto ás esixencias legais polas que se rexen os concursos de acreedores, como aos prazos e á normativa que seguen estes procesos. O secretario do xulgado do Mercantil de Lugo, Francisco Julián Hinojal Gijón, tamén invertirá como relator neste foro, no que tamén están convidados a participar Enrique Rodríguez Docampo, que aportará a súa visión como o auditor e administrador concursal, e José Benito López Ferreiro, avogado, administrador concursal e profesor da Universidade de Santiago, que tamén achegará a súa particular visión sobre unha casuística que experimentou un notable crecemento desde o comezo da crise económica.

Os concursos de acreedores foi a temática elexida pola Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo para esta sesión de debate, a primeira dun ciclo de xornadas e relatorios que versarán sobre cuestións e problemáticas diferentes que están de máxima actualidade no momento actual, segundo explicou a decana da facultade, Begoña Barreiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.03.2013.