Pasar al contenido principal

O buscador Mentor-Emprende desenvolvido na USC intégrase no portal dixital ‘Emprender es posible’

O buscador Mentor-Emprende desenvolvido por un grupo de expertos en emprendemento e computación da Universidade de Santiago aparece xa integrado entre as ferramentas de información e apoio no portal dixital ‘Emprender es posible’ impulsado pola Fundación Príncipe de Girona. Mentor-Emprende, impulsado por RedEmprendia, ofrece un novo concepto especializado no ámbito do emprendemento innovador e do proceso de creación de novas empresas, particularmente desde o contorno universitario. O buscador traballa a partir do motor de busca de Google, organizando o acceso á información a través de varios temas de interese propostos previamente. A ferramenta pon ao alcance de quen desexan formarse no ámbito do emprendemento, e incluso iniciar un proceso emprendedor, documentos que podan cubrir as súas necesidades. A parte informática realizouse no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS) da USC baixo a dirección de Manuel Lama e David E. Losada. O deseño de contidos, definición e axuste das buscas é responsabilidade de Loreto Fernández, experta en emprendemento e profesora do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.03.2013.