Cómo sacarlle partido ao meu GPS?
Cada vez máis xente adquire dispositivos GPS para ás súas saídas ao campo ou a montaña, pero moitas veces non ten os coñecementos básicos necesarios para sacarlles todo o seu partido. Por esta razón a Universidade de Santiago, a través da Fundación USC Deportiva, organiza un curso básico o día 6 de abril na Biblioteca Concepción Arenal.
O curso inclúe unha clase teórica, probas de campo e unha sesión interactiva final onde se analizarán os resultados obtidos nas saídas. O responsable de impartir esta actividade será Javier Aradas Mariñas, técnico de sendeiros pola Federación Española de Montaña e Escalada, a Escola Española de Alta Montaña e a Federación de Campismo e Montañismo de Portugal, para a que dende 2006 imparte anualmente docencia en cursos de iniciación e actualización de aplicacións informáticas e de GPS.