Pasar al contenido principal

Comezan no CIQUS unhas xornadas de aproximación á investigación científica

Comezan no CIQUS unhas xornadas de aproximación á investigación científica
Comezan no CIQUS unhas xornadas de aproximación á investigación científica

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) inicia este luns 18 unha nova actividade de divulgación científica, dirixida nesta ocasión a alumnos de bacharelato de centros de ensino de toda Galicia. As xornadas pretenden visualizar a importancia da Química e a súa implicación no desenvolvemento e benestar da sociedade á vez que achegar o alumnado á realidade dun centro de investigación. Baixo o título ‘A Investigación en Química: ciencia creativa para un mundo mellor’ e a temática transversal seleccionada para esta edición –o papel da química no descubrimento de fármacos–, os estudantes coñecerán o CIQUS e algunhas das súas liñas de investigación, realizarán eles mesmos un sinxelo experimento químico e descubrirán algunhas das técnicas instrumentais indispensables hoxe no traballo cotián dun químico. As xornadas desenvolveranse ao longo de toda esta semana e na do 2 ao 5 de abril e nelas participan grupos de 11 centros de ensino de distintos puntos de Galicia. Os días 4 e 5 de abril, en horario de tarde, celebraranse unhas xornadas de portas abertas no CIQUS, cun obradoiro de experimentos especialmente dirixidos a nenos de 8 a 14 anos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.03.2013.