Pasar al contenido principal

Clausurouse o Máster en Dirección e xestión de comercio exterior da USC

Clausurouse o Máster en Dirección e xestión de comercio exterior da USC
Clausurouse o Máster en Dirección e xestión de comercio exterior da USC

Os 24 estudantes da edición vixésimo primeira do Máster en Dirección e xestión de comercio exterior da USC recibiron esta semanaos seus correspondentes diplomas nun acto que presidiu o reitor Juan Casares Long. Nesa cerimonia de clausura participaron tamén a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol María Vázquez Abeal; a decana do centro, María Emilia Vázquez Rozas; e os co directores do máster, os profesores Miguel Ángel Otero Simón e José Carlos de Miguel Domínguez. Foron así mesmo testemuñas do evento representantes de empresas internacionais que manteñen estreitas colaboracións co posgrao, que nace 1991 cando a Facultade compostelá de Ciencias Económicas e Empresariais, co patrocinio da Xunta de Galicia, decide realizar un curso que promova a internacionalización das empresas e da economía galega. O posgrao destaca non só polo alto grao de recoñecemento dos docentes que o imparten senón tamén polas actividades formativas que inclúe, entre as que destacan a realización de proxectos de internacionalización (son xa máis de 50 realizados) e de prácticas en empresas exportadoras galegas, o que dá conta dun alto nivel de empregabilidade do seu alumnado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.03.2013.