Pasar al contenido principal

Un curso teórico e práctico mostrará patróns de utilización saudables para a voz

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2013

A Universidade de Verán inclúe na súa programación de 2013 un curso teórico e práctico que aborda a voz dende unha perspectiva global. En cada sesión, a modo de introdución teórica, exporanse diferentes temas que van dende a anatomía ata a voz profesional, pasando por aspectos técnicos e de hixiene vocal. A continuación, pasarase a parte práctica que ocupará a maior parte da sesión, onde se traballará de forma dinámica e amena a técnica vocal, dende o punto de vista corporal, vocal propiamente dito e terapéutico. O curso celebrarase do día 3 ao 6, do 10 ao 13 e os días 17 e 18 de xuño no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia baixo a dirección de Pablo García, profesor de técnica vocal, rehabilitador e formador en foniatría e educación da voz que se encargará de impartir as distintas xornadas. As sesións celebrarase en horario de 18.00 a 21.00 horas. O obxectivo é mostrar a maneira de funciona da voz ao tempo que presentar todas aquelas ferramentas para coidala e sobre para potenciala a través do coñecemento e a aplicación dunha técnica vocal liberadora a voz e deste xeito poder aplicar patróns saudables na práctica profesional. A información sobre o programa e sobre o proceso de matrícula pódese consultar na páxina web http://www.usc.es/cultura/uveran13cursos.htm.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2013.