Pasar al contenido principal

Un curso valora en Filosofía a ‘Ética e estética da xestión ambiental’

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2013

‘Ética e estética da xestión ambiental’ é o título do curso que exporá as razóns, criterios e valores que se deben considerar dende a ética e a estética ambientais, co fin de discriminar e determinar teoricamente os principios normativos preferibles, en base á súa razoabilidade, que permitan xustificar e guiar as intervencións en positivo que se fagan tanto nos espazos naturais como arquitectónicos urbanos. Do 10 ao 13 de xuño na Facultade de Filosofía e cun límite de 40 prazas, dirixe este curso Francisco Javier Barcia González. O programa prestará espazo para a reflexión respecto de cuestións como a bioloxía sintética e as súas implicacións morais; a ecocrítica; principios normativos na ética animal e na ambiental; mercadotecnia de experiencias arredor da ruralidade, a natureza ou o mercado; a comprensión esteticista da ecoloxía; e a xestión do medio natural e urbano. A información sobre a quenda de intervencións en que se vertebrará este curso así como sobre o proceso de matrícula pódese atopar na páxina de Universidade de Verán 2013 (http://www.usc.es/cultura/uveran13cursos.htm).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.05.2013.