Pasar al contenido principal

Os cursos de verán abordan a situación de cambio no ámbito das industrias culturais, creativas e da comunicación a través dos novos modelos de negocio

A Universidade de Verán abordará a situación de cambio que se está a producir no ámbito das industrias culturais, creativas e da comunicación a través dos novos modelos de negocio e financiamento que impoñen as tecnoloxías abrindo novas oportunidades e perfís de negocio para as empresas e os profesionais. Este é o ámbito temático do curso ‘Novos modelos de creación e financiamento de proxectos de comunicación e cultura. Alternativas para emprendedores e innovadores’ , que dirixe o profesor Francisco Campos entre os días 10 e 14 de xuño na Facultade de Ciencias da Comunicación. Haberá sesións sobre os novos modelos de negocio da música, do libro electrónico, da prensa dixital de pago, do vídeo e a TV en liña, videoxogos, das aplicacións para móbiles e tablets, os cambios na publicidade, os sistemas de financiamento, crowfunding, redes sociais e contidos para a Web 2.0 e 3.0. O obxectivo é abrir novas fiestras de coñecemento e experiencias sobre as oportunidades de negocio e profesionais que presenta nas industrias culturais, da comunicación e creativas para emprendedores, creadores e innovadores.

Para acadar máis información sobre o programa deste curso así como sobre o proceso de matrículas, as persoas interesadas poden atopar máis información na web da Área de Cultura ou na do grupo novosmedios.org.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.05.2013.