Pasar al contenido principal

A Cátedra de Empresa Familiar da USC promove este luns unha charla da CEO de Adolfo Domínguez na Facultade de ADE

Facultade de ADE do campus de Lugo
Facultade de ADE do campus de Lugo
O relatorio de Adriana Domínguez, conselleira delegada do grupo empresarial, leva por título ‘Galicia, a orixe’ e comezará ás 12.00 horas na Aula Magna do centro lugués
Lugo

A conselleira delegada e CEO do grupo empresarial Adolfo Domínguez, Adriana Domínguez González, ofrecerá este luns 16 de setembro, a partir das 12.00 horas, unha charla na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo da USC. A conferencia de Adriana Domínguez, promovida pola Cátedra de Empresa Familiar da USC, desenvolverase baixo o título ‘ Galicia, a orixe’.

Políglota e educada no ámbito internacional, Adriana Domínguez é licenciada en Ciencias Empresariais Internacionais polo Icade (Madrid) e Cesem (Francia) e polo The lee Strasberg Theatre Institute de Nova York, ademais de ter completado un máster de Pensamento na Escola Contemporánea de Humanidades de Madrid.

Conselleira delegada do grupo Adolfo Domínguez desde maio de 2018, Adriana Domínguez é unha perfecta coñecedora desta compañía, na que durante 17 anos liderou diversos varios proxectos en diversas áreas de negocio, ao tempo que desenvolveu cargos directivos en áreas de comunicación e, entre outros, da sección de perfumes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.12.2019.