Pasar al contenido principal

Presentación da segunda edición do libro Alimentación en las aminoacidopatías

O volume é unha introdución á cociña molecular metabólica e diríxese de xeito particular a persoas con erros conxénitos do metabolismo

Primeiros, segundos e postres organizados con imaxes nas categorías de cociña tradicional, creativa ou experimental, así como receitas básicas, son os contidos nos que se organiza o libro de cociña do que a USC acaba de editar a súa segunda edición. A súa principal particularidade atópase no seu enfoque, xa que a obra é unha introdución á cociña molecular metabólica e dirixida de xeito particular a persoas con erros conxénitos do metabolismo polo que necesitan alimentarse cunha dieta personalizada. Mª Luz Couce e María José Camba son as autoras de Alimentación en las aminoacidopatías. Aspectos nutricionales y dietéticos, un volume que agora alcanza a súa segunda edición, revisada e ampliada no que tamén son coautores Alejandro Pérez Muñuzuri e Jorge Fernández Guerra. O libro presentarase este martes 7 nun acto na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca a partir das 11.30 horas no que intervirán o reitor Juan Casares, o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, e a profesora María Luz Couce Pico. Tamén estarán presentes, o director do Departamento de Pediatría, Manuel Castro Gago, e o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco. O abano de temas tratados no libro inclúe tamén unha ampla introdución dedicada ás dietas controladas en proteínas, selección de alimentos táboas de contidos de proteínas e aminoácidos e propostas de menús familiares, adaptados e para definir as comidas dunha semana. Ademais dedícase un capítulo á conservación de froitas e verduras ou un apéndice de dicionarios culinarios e páxinas web.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.05.2013.