Pasar al contenido principal

A Universidade de Santiago celebra este xoves o Día das Letras Galegas

Como é habitual, a Universidade de Santiago de Compostela adiántase á celebración do Día das Letras Galegas. Este ano o acto literario será este xoves 16 ás 11.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. A cerimonia, que presidirá o reitor Juan Casares Long, comezará coa presentación do volume Roberto Vidal Bolaño. Día Letras Galegas 2013 a cargo do director do Departamento de Filoloxía Galega Francisco Cidrás Escaneo. A continuación, o catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela pronunciará a conferencia ‘Roberto Vidal Bolaño na historia do teatro galego’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.05.2013.