Pasar al contenido principal

O doutor en Física pola USC Diego Martínez Santos acaba de ser premiado co Young Experimental Physicist Prize 2013 da European Physical Society

Diego Martínez sinala o pico vermello na gráfica que amosa a existencia da desintegracion da partículs Bs
Diego Martínez sinala o pico vermello na gráfica que amosa a existencia da desintegracion da partículs Bs

O doutor en Física pola USC Diego Martínez Santos acaba de ser premiado co Young Experimental Physicist Prize correspondente a 2013 que outorga bienalmente a European Physical Society. O galardón premia o destacado labor dun ou máis físicos experimentais novos –n acidos a partir do 1 de xaneiro de 1978–no campo da Física de Partículas e/ou Astrofísica de Partículas. Como explicou o xurado, o galardón concedido a Diego Martínez subliña a súas “ destacadas achegas á activación e posta en marcha do experimento LHCb e as análises conducentes á primeira evidencia da rara desintegración de B0s→μ+μ−”. Actualmente contratado como investigador no Instituto Nacional de Física Subatómica de Holanda (NIKHEF), o premio concedido subliña tres achegas do físico galego, das que a máis relevante, explica Diego Martínez, é a relativa á desintegración da partícula Bs –composta dun quark ‘b’ (bottom) e outro ‘s’ (strange)– en dous muóns –unha partícula semellante ao electrón, pero máis pesada e inestable–. “Medir con que frecuencia se producen certas desintegracións pode dar pistas sobre a existencia ou a natureza de partículas descoñecidas ou das que se sabe ben pouco”, engade Diego Martínez, quen comezou a estudar este proceso na tese que dirixiron os profesores da USC José A. Hernando e Bernardo Adeva. O que fai “particularmente relevante” a desintegración da partícula Bs en muóns é que “a taxa de desintegración é sensible a aspectos moi interesantes dende o punto de vista de vista físico como por exemplo a existencia doutros bosóns de Higgs máis pesados que o descuberto o pasado ano”, ademais de poder dar pistas sobre a natureza da materia escura, “un dos crebacabezas que a física actual aínda non resolveu”. Os resultados rexistrados polo investigador “encaixan bastante ben coa predición do Modelo Estándar da física de partículas”, modelo cuxa formulación “ deixa sen explicación posible a materia escura, ademais doutras carencias evidentes como o feito de que non di nada sobre a gravidade”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.05.2013.