Este mércores coñecerase a imaxe da campaña do curso 2013-2014 da USC
O reitor Juan Casares entregará este mércores 22 os premios da cuarta edición do concurso para o deseño do cartel e da imaxe da campaña do curso académico 2013/14 da USC ao que se presentaron máis de noventa deseños, da autoría de alumnado universitario pero tamén de bacharelato e Formación Profesional. O acto, a celebrar 11.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, contará coa presenza dos membros do xurado: o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Ramón Durán Villa; a xerenta da USC, María Lourdes Batán Aira; a directora da Oficina de Información Universitaria (OIU), Isabel Braña Tobío; o director do Gabinete de Comunicación, Luís Celeiro Álvarez; e o coordinador do programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’, Luís María Hervella Torrón.