Pasar al contenido principal

O Club de Debate Compostela gaña o X Torneo Nacional de Debate Inter-Ceu

O Club de Debate Compostela gaña o X Torneo Nacional de Debate Inter-Ceu
O Club de Debate Compostela gaña o X Torneo Nacional de Debate Inter-Ceu

O Club de Debate Compostela proclamouse campión do X Torneo Nacional de Debate Inter-Ceu celebrado esta fin de semana na Universidade San Pablo CEU en Madrid. O equipo tivo que debater acerca de se a República Popular Democrática de Corea é unha ameaza real para a comunidade internacional. O equipo compostelán estaba capitaneado pola estudante de Historia da Arte Sabela Porto Ares, e composto ademais por Santiago Codesido Sánchez, Adrián Lijó e Adrián Fernández Tojo. Os catro competiron, e finalmente venceron, coas universidades máis punteiras no mundo do debate universitario en España. Éxitos Dende a súa creación, o Club de Debate Compostela leva colleitando numerosos éxitos. Así, no III Torneo Nacional da Complutense de Madrid o equipo acadou as semifinais, igual que no celebrado recentemente na Cidade da Cultura de Galicia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.05.2013.