Pasar al contenido principal

O profesor Miranda Boto coordinará a sección xuvenil da Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social

O profesor da Facultade de Dereito José María Miranda Boto acaba de ser nomeado coordinador da sección xuvenil da Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social á que pertence a maior parte de docentes universitarios de Dereito do Traballo e da Seguridade Social de España. A sección xuvenil da asociación reúne os membros menores de 40 anos ou que non pertencen aos Corpos Docentes Universitarios coa fin de incentivar a súa carreira. Miranda Boto é profesor contratado doutor de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na USC e coordina o Curso de Especialista en Relaciones Laborais, o máis antigo da institución. Doutor europeo en Dereito pola Universidade de Oviedo, premio extraordinario de doutoramento, extraordinario de licenciatura e licenciado en Ciencias Políticas pola UNED, é profesor visitante da Universidade Lyon II Lumière. Ademais, forma parte da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación como académico correspondente. Con máis de 70 estudos sobre Dereito do Traballo e da Seguridade Social, especializou a súa liña de investigación no Dereito Social da Unión Europea, en España, Francia, Bélxica, Arxentina e Perú. Coordinou e dirixiu un Manual de Derecho del Trabajo para Titulaciones no Jurídicas (tres edicións), unhas Leccións de Dereito Social da Unión Europea, dous números da Revista do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e un número da revista Noticias de la Unión Europea.

Xunto coa súa participación en varios proxectos de investigación formou parte de comités científicos de varios contratos de investigación para a Comisión Europea, entre outros, sobre a representación dos traballadores, a negociación colectiva transnacional e a solución extraxudicial de conflitos no ámbito europeo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.05.2013.