Pasar al contenido principal

Novos investigadores do barroco iberoamericano reúnense a vindeira semana en Santiago

Novos investigadores do barroco iberoamericano reúnense a vindeira semana en Santiago
Novos investigadores do barroco iberoamericano reúnense a vindeira semana en Santiago
Chegados de toda España e Iberoamérica, abrirán un diálogo entre as diversas disciplinas sobre os estudos do barroco

O I Simposio Internacional de Novos Investigadores do Barroco Iberoamericano terá lugar en Santiago entre o 27 e o 29 de maio. No encontro, que nesta primeira ocasión se presenta co lema ‘Identidades Culturais dun Imperio Barroco’, participará persoal investigador de toda España e de Iberoamérica nos campos dahistoria da arte, a literatura, a historia, a música, a filosofía ou a teoloxía coa finalidade de establecer as conexións existentes entre os movementos culturais e artísticos do Barroco Iberoamericano, no só na Idade Moderna senón tamén analizando a continuidade temporal que pervive hoxe. O simposio, no que se presentarán 63 comunicacións e 13 relatorios, está organizado polo grupo Iacobus da USC xunto cos grupos de investigación de Historia da Arte da Universidade Pablo Olavide de Sevilla e Jaume I de Castellón, que confluíron no Centro de Estudos de Barroco Iberoamericano (CEIBA), un proxecto para crear un centro de investigación interuniversitario no que estea representado o persoal científico que traballe no eido da cultura barroca na Península Ibérica e en Iberoamérica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.05.2013.