Pasar al contenido principal

Acto de graduación de novas promocións de grao e licenciatura en Filoloxía

A Facultade de Filoloxía celebra este xoves 25 o acto de graduación das licenciaturas en Filoloxía Francesa, Inglesa, Clásica, Románica, Alemá, Hispánica e en Filoloxía Galega. O reitor Juan Casares presidirá a sesión no Salón de Actos deste centro compostelán a partir das 16.00 horas. Acompañarano a decana María José López Couso e a secretaria da Facultade, Elisa Fernández Rei. Na mesa presidencial tamén estarán presentes en representación de cada unha das licenciaturas as profesoras María Luz Casal, Belén Méndez Naya, Mercedes Brea e Dolors Sabaté, e os profesores José A. Puentes, Luis Martul e Elías Feijó. Con posterioridade a esta sesión, o mesmo Salón de Actos acollerá a partir das 19.00 horas o acto de graduación das primeira promocións de grao deste centro. Presidirá a sesión o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2013.