Pasar al contenido principal

O bUSCatermos será accesible tamén dende unha aplicación para dispositivos móbiles

bUSCatermos é o recurso lexicográfico máis amplo existente para a lingua galega

O bUSCatermos da un paso máis na galaxia dixital coa presentación dunha nova aplicación que permite a consulta desta base de datos en liña de terminoloxía técnica multilingüe da USC a través de dispositivos móbiles de Apple. A nova app presentarase ante os medios de comunicación este mércores 17 nun acto no que participarán o reitor Juan Casares; o director de Sixtema, Alejandro Lamas; a secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; o director do Servizo de Normalización Lingüística (SNL), Manuel Núñez Singala; e o técnico da Área de Terminoloxía do SNL, Xusto Rodríguez Río. A presentación comezará ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Os terminais iPhone e iPad van ser os primeiros beneficiarios desta aplicación que permite o acceso é unha base de datos que compila información sobre máis de 150.000 conceptos das áreas especializadas máis diversas (ciencias da saúde, dereito, botánica, zooloxía, educación, historia, xeografía…). Para cada un deles recóllense as denominacións máis habituais en galego e –na maioría dos casos–, tamén as empregadas nas linguas do contorno máis inmediato (fundamentalmente, castelán, inglés e portugués). A suma de todas estas formas lingüísticas supera as 450.000, o que converte bUSCatermos no recurso lexicográfico máis amplo existente para a lingua galega.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.04.2013.