Pasar al contenido principal

O investigador Javier Ortega Alonso falará no CIQUS sobre as novas vacinas contra o virus da lingua azul

Javier Ortego Alonso, científico do Centro de Investigación en Sanidade Animal do Instituto Nacional de Investigación Agraria e Alimentaria (CISA-INIA), imparte este venres 19 na USC a conferencia ‘Vacinas de nova xeración fronte ao virus da lingua azul’. Comezará ás 12.15 horas na Aula de Seminarios do Centro singular de investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares. O virus da lingua azul (BVT) produce a enfermidade do mesmo nome ou tamén febre catarral ovina, doenza infecciosa non contaxiosa que se transmite pola mordedura de insectos do xénero Culicoides. Existen ensaios de laboratorios que poderían considerarse como unha prometedora vacina fronte a este virus, asunto que o doutor Ortega Alonso tratará na súa intervención.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.04.2013.