Pasar al contenido principal

O teatro universitario galego subirá á escena a vindeira semana en Compostela

O teatro universitario galego subirá á escena a vindeira semana en Compostela
O teatro universitario galego subirá á escena a vindeira semana en Compostela

A Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, o Teatro Principal e o Salón de Teatro Compostela ofrecerán ao público que se achegue as novas produción escénicas do teatro universitario galego. A cita será do 23 de abril ao 8 de maio na 14ª Mostra de Treatro Universitario de Galicia que organiza a Aula de Teatro da USC. No cartel figuran dezaseis compañías que porán sobre as táboas outras tantas obras que o público interesado poderá presenzar de balde previo paso polo despacho de entradas. A mostra inclúe un ano mais a entrega dos seus premios, nun acto que se vai celebrar o xoves 9. Ademais da Compañía de Teatro e da Aula de Teatro da USC-Lugo, participarán a Aula de Teatro da Universidade da Coruña, Maricastaña e Cordelia da Universidade de Vigo, A Santa Compaña, Arte Maior, Tolemia, Teatro da Falúa, Espírito Áspero, Tik e Tak, Artías, Sigillatos Galaicos, Pinchacerneiro, Las Civas e Nnc Teatro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.04.2013.