Pasar al contenido principal

Escritores da coñecida como ‘Xeración Afterpop’ debaten o luns en Santiago sobre novas narrativas

Participan Jorge Carrión, Germán Sierra, Juan Francisco Ferré e Javier García Rodríguez

Os escritores españois Jorge Carrión, Germán Sierra, Juan Francisco Ferré e Javier García Rodríguez -que formaron unha corrente literaria que algúns deron en chamar Afterpop ou Mutantes- daranse cita na USC o vindeiro luns 22 para participar na primeira xornada de estudo sobre novas narrativas que dirixe o profesor da USC Antonio Gil. Baixo o título ‘(meta)crítica ficcional e (meta)ficción crítica’, a xornada comezará ás 16.30 horas no Centro de Estudos Avanzados. Será Javier García Rodríguez, crítico literario e profesor da Universidade de Oviedo e autor de Mutatis Mutandis e Barra americana, quen inicie a sesión coa charla ‘Cara a unha crítica da imaxinación crítica: principios de literatura con paradinha’. Seguiralle o finalista do premio Anagrama de Ensaio 2013, Jorge Carrión, autor de Los Muertos e Teleshakespeare, cunha intervención na que tratará de debuxar un contexto desde o cal a novela se volve un artefacto de intervención na tradición e o presente literarios. A xornada rematará cun debate, ás 18.30 horas, sobre cómo ser un crítico sen deixar de ser un escritor (e viceversa) no que participarán Germán Sierra, profesor de neurociencia na USC e autor de Efectos secundarios, Alto voltaje e Intente usar otras palabras; o profesor de literatura na Brown University Juan Francisco Ferré, editor de Mutantes. Narrativa española de última generación e autor de Providence e Karnaval, premio Heralde de novela 2012; e Antonio Gil, coordinador da Rede internacional sobre metaficción no ámbito hispánico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.04.2013.