Pasar al contenido principal

O grupo Cornelius actúa este xoves no Doc & Roll da Facultade de Comunicación

O grupo Cornelius actúa este xoves no Doc & Roll da Facultade de Comunicación
O grupo Cornelius actúa este xoves no Doc & Roll da Facultade de Comunicación

O grupo Cornelius actúa este xoves 18 a partir das 11.00 horas no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, continuando coa iniciativa Doc & Roll promovida polo equipo Canal Campus da Universidade de Santiago. As actividades consistirán na proxección dun documental e a actuación do grupo. Esta nova sesión de Doc & Roll xirará en torno ao mundo do pop, coa proxección do documental da serie "Sex 'n' Pop" e a actuación do grupo de pop Cornelius, que se atopa en xira de promoción do seu último LP "Walking in Circles". Durante o concerto, os membros do grupo manterán un coloquio cos asistentes. As actividades Doc & Roll tentan ofrecer propostas didácticas que interesen ao alumnado e promocionen artistas ou grupos de Galicia. Así, desde outono de 2011 púidose asistir xa a numerosas actuacións de grupos na Facultade de Ciencias da Comunicación. Esta iniciativa, aberta a todos os estilos musicais sen excepción, xa contou coa colaboración, este ano, de grupos de diversos estilos como Dr. Gringo, Lili Berlín ou Wöyza con éxito de afluencia. A actuación emitirase en streaming en www.canalcampus.es. Na iniciativa colaboran a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), a USC e as firmas Emsac e Estudio 54. Está organizada polo equipo Canal Campus (www.canalcampus.es), coordinado polo profesor Xaime Fandiño, que traballa no eido do estudos da música popular desde unha perspectiva comunicacional. Coma no resto de actuacións, colaborarán na produción do evento os alumnos de Comunicación Audiovisual.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.04.2013.