Pasar al contenido principal

Semana do libro universitario no Servizo de Publicacións con descontos e portas abertas

Semana do libro universitario no Servizo de Publicacións con descontos e portas abertas
Semana do libro universitario no Servizo de Publicacións con descontos e portas abertas

Co gallo do Día do Libro, e co obxecto de dinamizar a rica produción editorial da Universidade de Santiago, o Servizo de Publicacións efectuará durante esta semana un desconto especial do 30% á comunidade universitaria na adquisición de todos os seus títulos do fondo vivo. Entre o luns 22 e o venres 26 de abril e en horario de 8:30 a 14:30 h, a libraría do Servizo de Publicacións no Campus Vida estará ao dispor dos usuarios para dar a coñecer tanto o fondo editorial como as últimas novidades bibliográficas da USC, que se poden consultar na web do Servizo de Publicacións ou no punto de venda da Unión de Editoriais Universitarias Españolas, UNE.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2013.