Pasar al contenido principal

Conversa lírica no Paraninfo con Andrea Merli

O crítico e ensaísta musical Andrea Merli (Barcelona, 1951) é o convidado deste xoves 25 do ciclo Conversas líricas no Paraninfo. Ás 20.00 horas nese emblemático espazo da Facultade de Xeografía e Historia falará sobre o Verdi hispánico. Merli estuda Medicina e Cirurxía na Universidade de Trieste (Italia), especializándose posteriormente en odontoloxía. Dende o 79 reside permanentemente en Milán, onde exerce como dentista, mantendo un contacto constante coa súa Cataluña natal. O seu interese pola música e as artes plásticas dende pequeno lévao a manter unha estreita relación co mundo da ópera en Milán. Aproveitando o seu bilingüismo converteuse en correspondente da revista Ópera Actual Barcelona. Colaborou ademais coa revista Scherzo Internacional de Madrid, Ópera de París e co sitio web Mundo Clasico.com. Os seus ensaios foron impresos en programas de concerto diferentes: a Fenice de Venecia, o Teatro Massimo de Palermo, a ciudade de Boloña , o Teatro Real de Madrid, a Maestranza de Sevilla e o Teatre del Liceu de Barcelona. O feito de ser italo-español permitiulle un maior acercamento ao mundo da zarzuela. Un ensaio seu sobre a xénese do teatro musical español foi publicado no programa do Teatro Nacional La Zarzuela de Madrid. Durante máis de dez anos participa no programa de radio ‘Ópera actual’ da RAI Radio 3 como “ viaxeiro entrometido”, unha especie de comodín que presenta as novas máis sorprendentes e inesperadas acontecidas en todo o mundo e, con moita máis frecuencia, en España.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2013.