Filosofía celebra este xoves a festividade do centro
Filosofía celebrará este xoves 25 ás 13.30 horas o día da festividade do centro nun acto presidido polo reitor Juan Casares e no que o profesor Luís García Soto, a piques de rematar o segundo mandato á fronte da Facultade, pronunciará o discurso ‘A modo de balance’ no que se despedirá do seu cargo de decano. O mesmo salón de actos no que terá lugar este acto acollerá pola tarde, ás 17.30 horas, a celebración da licenciatura da promoción que este ano se gradúa.