O Quantum Music Festival aka QMF chega á súa décimo sexta edición da man de estudantes de Física
Cunha longa traxectoria próxima a alcanzar as dúas décadas de vida e nun intento por manterse na liña orixinal deste festival, o XVI Quantum Music Festival aka QMF celebrarase este martes 30 de abril a partir das 21:30 horas na Sala Capitol. No QMF, de entrada gratuíta, actúan principalmente grupos afeccionado de diferentes e variados estilos musicais nos que polo menos un dos seus compoñentes debe ser membro da comunidade de Física compostelá. Nesta ocasión actuarán os grupos A Casa do Rock, Moonk, Planck Floyd, Biribirlocke, Gauss n'Roses e Templanza. Ademais, haberá un concurso de Air Guitar e múltiples sorteos