Pasar al contenido principal

Estudantes da USC estudan os efectos da mina de ouro de Corcoesto

Os efectos da futura mina de ouro na parroquia de Corcoesto debateranse na tarde deste luns 29, ás 19.00 horas na Libraría Couceiro, nunha actividade organizada pola Liga Estudantil Galega. Participarán na mesa o profesor titular de Economía Aplicada na USC, Xoán Ramón Doldán García; investigador do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González Prieto; e Margarida Prieto, do Sindicato Labrego Galego. Ademais, a Plataforma Veciñal Corno do Monte lerá un manifesto no que informará das consecuencias que pode ter outro proxecto similar en proceso, o da mina de feldespatos da Limia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.04.2013.