Pasar al contenido principal

A USC súmase a un programa de BlackBerry para apoiar os desenvolvedores de móbiles

A USC acaba de sumarse, xunto a outras nove universidades españolas, ao BlackBerry® Academic Program (BAP) para dar apoio aos estudantes que pretendan conseguir un maior coñecemento dos conceptos relacionados con mobile computing e o desenvolvemento de aplicacións móbiles para a plataforma BlackBerry 10. Ao participar no programa, que agrupa máis de 1.340 institucións de 118 países, as universidades teñen acceso a materiais gratuítos ademais de poder participa ren numerosas actividades relacionadas coas novas tecnoloxías. A primeira delas será unha xornada de traballo gratuíta sobre desenvolvemento de aplicacións móbiles con BlackBerry 10 o día 30 de abril na ETSE.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2013.