Pasar al contenido principal

O Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC amplía o prazo de presentación de propostas ata o 15 de maio

Cun total de tres premios en metálico e a posibilidade de acceder a formación gratuíta para elaborar un plan de empresa, o XIII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC amplía o prazo para a presentación de propostas ata o 15 de maio. Como sinalan os seus promotores en base á experiencia acumulada nos últimos anos, esta iniciativa permite impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados/as ou investigadores/as, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego. Os mellores proxectos poderán optar ao Premio Base Tecnolóxica, dotado con 2.000 euros e ata 24.000 euros de financiamento mediante préstamos participativo; ao Premio Empresa Xove, cunha dotación de 2.000 euros; e ao de Muller Emprendedora, dotado coa mesma cantidade en metálico. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar as bases do concurso na web de Uniemprende.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2013.