Pasar al contenido principal

A compañía danzaUSCompostela propón unha reflexión sobre a comunicación interpersoal na actualidade

‘Comunicando’ é a proposta que fai a compañía universitaria co gallo do Día Internacional da Danza

A compañía danzaUSCompostela conmemorará o Día Internacional da Danza propoñendo unha reflexión sobre a comunicación no tempo presente. Será no transcurso dun espectáculo ‘Comunicando’ que representará este domingo 28 ás 13.00 horas no Centro Galego de Arte Comporánea (CGAC). ‘Comunicando’ porá de relevo o paradoxo existente na comunicación entre persoas no contexto actual da hiperconexión virtual e trata sobre como as persoas xestionan a información que é bombardeada a diario. Cunha duración total de 20 minutos, esta proposta enmárcase en ‘Asaltos da danza’, un proxecto da rede Danza-T que combina a danza e as artes plásticas en diferentes centros de arte contemporáneo. Baixo a dirección artística de Juan Carlos Zahera, ‘Comunicando’ estará interpretado por Raúl Asensis, Aida Fernández,Ipek Guler e Isabel Sánchez, cunha coreografía de Nuria Sotelo e unha mestura musical.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.04.2013.