Pasar al contenido principal

A semente da agroecoloxía prende no Courel

Instalacións da Estación Científica do Courel, con sede na localidade de Seoane, en Folgoso do Courel
Instalacións da Estación Científica do Courel, con sede na localidade de Seoane, en Folgoso do Courel
Unha xornada sobre produción ecolóxica impartida por Xan Neira, Elena Díaz, Carlos Brea e Belén Díaz cita este sábado unhas 40 persoas na Estación Científica do Courel
Lugo

A semente da agroecoloxía semella ter atopado na serra courelá unha terra fértil para o seu cultivo e produción, tal e como deixa entrever as preto de 40 persoas que formalizaron a súa inscrición na xornada ‘ Agroecoloxía e produción ecolóxica’ que se desenvolverá este sábado 21 de setembro, a partir das 10.00 horas, na Estación Científica do Courel, unhas instalacións da USC con sede na localidade de Seoane.

O director da Estación Científica do Courel, o catedrático da USC Antonio Rigueiro, salientou a excelente acollida deste nova actividade formativa e de divulgación promovida pola USC na serrá courelá e na que participará un público moi heteroxéneo. O programa da xornada, que conta con financiamento da Deputación Provincial de Lugo, comezará ás 10.00 horas e inclúe relatorios e obradoiros.

A profesora Elvira López Mosquera, adxunta á Vicerreitoría de Coordinación do campus de para Investigación, Transferencia e Innovación, abrirá a xornada cun breve acto de benvida ás persoas participantes, unha sesión na que tamén participarán o director da Estación Científica do Courel, o deputado provincial delegado da área de Desenvolvemento Sostible, Roberto Fernández, e a alcaldesa do concello de Folgoso do Courel, Dolores Castro.

As distintas sesións expositivas incluídas no programa desta xornada sobre agroecoloxía e produción ecolóxica prolongaranse en quenda de mañá e tarde e serán impartidas polos profesores Xan Neira, Elena Díaz, Carlos Brea e Belén Díaz, que abordarán nas súas respectivas intervencións, cuestións relacionadas coas vantaxes da agroecoloxía na mitigación e adaptación ao cambio climático, principios básicos e estratexias de agroecoloxía, o solo e a xestión da materia orgánica e a nutrición das plantas, rotación alternativa ou asociación e protección de cultivos, ademais dun obradoiro de prácticas de compostaxe e traballo cultural. As persoas interesadas en obter máis información a través do número de teléfono 600 942 418 ou no enderezo antonio.rigueiro [at] usc.es (antonio[dot]rigueiro[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.03.2021.