Pasar al contenido principal

A terceira edición de 'Somos a curta!’ busca as mellores comedias realizadas en galego

A terceira edición de 'Somos a curta!’ busca as mellores comedias realizadas en galego
A terceira edición de 'Somos a curta!’ busca as mellores comedias realizadas en galego

Curtas, de ata 10 minutos, que teñan como piar fundamental o humor e que estean elaborados en lingua galega. Estes son os ingredientes que deberán mesturar quen decida participar na terceira edición do Certame de Curtas de Comedia, Somos a Curta!, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación coa colaboración da Liga Estudantil Galega e o Servizo de Normalización Lingüística. Esta é unha convocatoria dirixida ao alumnado universitario galego e aberta tamén ao das diferentes escolas de Imaxe e Son e ao do Bacharelato artístico, que poderán optar a dous galardóns de 400 e 200 euros con que están premiados os dous proxectos mellor valorados por un xurado profesional, así como a un terceiro premio para a obra que acade unha mellor acollida entre o público. O obxectivo do concurso é promover o uso do galego nun eido clave para a sociedade como é o audiovisual e como vehículo para a creatividade de novos valores do audiovisual, así como galardoar os dotes lingüísticos, técnicos, artísticos e humorísticos do estudantado galego. O prazo para participar estenderase ata o próximo 15 de outubro. As pezas presentadas a concurso exhibiranse ao público nunha gala que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación durante o mes de novembro. Tanto as bases da convocatoria como as pezas premiadas en anteriores edicións están dispoñibles na web do concurso (http://www.usc.es/gl/servizos/snl/dinamizacion/somosacurta2013.html) e no perfil de Facebook da Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación (http://facebook.com/lingua.comunicacion).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2013.