Avalían a pegada ecolóxica da comunidade universitaria

Entre os días 1 e 19 de abril a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, a través dos bolseiros e bolseiras de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria, instalarán nos centros académicos un punto informativo onde se exporá a pegada ecolóxica da USC e se ofrecerá a posibilidade de calcular individualmente o custo ambiental do propio modo de vida e coñecer cómo reducilo. A Oficina deseñou unha metodoloxía específica para adaptar o seu cálculo ás actividades propias do día a día universitario. En 2011 a pegada ecolóxica da USC foi de 7794,45 ha/ano, o que significa que se precisaría desta superficie de territorio produtivo para compensar a produción de CO2 da institución. A mobilidade, o consumo eléctrico e de combustibles fósiles e a construción son os principais sectores que contribúen á pegada ecolóxica da USC.