Pasar al contenido principal

Unha alumna do Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras, finalista do concurso Hyatt Student Prize 2013

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia escolleu a súa alumna Elena Vázquez Candanedo para representalo na final do concurso Hyatt Studen Prize 2013, na que o centro foi seleccionado entre as 19 mellores escolas de Europa. A estudante realiza o último curso de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras, recoñecido como título propio da Universidade de Santiago de Compostela. O Centro Superior de Hostelería de Galicia, vinculado á USC, é a única escola española que participa neste certame, no que xa competiu en seis ocasións e quedou finalista en tres delas. Vázquez Candanedo realizou prácticas no Hostal dos Reis Católicos, no Sheraton de Canarias, no Sofitel Luxury Hotels and Resorts e no Rocco Forte Hotels, ambos os dous en Bruxelas. Xunto co CSHG compite polos galardóns alumnado do Institut Paul Bocuse, do ESSEC, de L’Ecole de Savignac, de The Hong Kong Polytecnich University, de Le Roches International School of Hotel Management e L’Ecole Hôlelière de Lausanne, ambas suízas, así como da alemá International University of Applied Sciences Bad Honnef. O estudante distinguido co primeiro premio permanecerá unha semana de prácticas na central da cadea en Chicago, o segundo na base de operacións rexional para Europa, África e Oriente Medio (Zurich) e o terceiro en París cos directores xerais da cadea na capital francesa. O xurado está encabezado por Carlo D’Asaro Biondo, presidente de operacións para o Sur e Este de Europa, Oriente Medio e África de Google. Ademais, forman parte del o responsable de ventas e marketing da divisón de Hyatt, Gerard Petit; o director xerente de Montblanc, Michel Adé; o presidente de Warner Bros Enterteinment Francia, Iris Knobloch; o responsable da División de Produtos Lácteos de Danone, Thomas Kunz; a representante de Aufeminin.com, Marie-Laure Sauty de Chalón; o director de marketing de Hyatt, John Wallis; e o xornalista Nikos Aliaga.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.11.2013.