Pasar al contenido principal

Presentación das actividades de educación sanitaria coas que a asociación MEIGA de Medicina celebra o sábado o Día Mundial da Saúde

Con motivo da celebración este sábado 6 do Día Mundial da saúde, este ano dedicado á hipertensión, a asociación MEIGA da USC vai instalar unha carpa na Alameda compostelá onde realizar unha serie de actividades de educación sanitaria para toda a cidadanía. Ademais, organizarán accións con colexios de educación primaria e un curso sobre investigación médica para o alumnado da USC. Todas as actividades presentaranse este venres 5 nunha rolda de prensa a desenvolver ás 10.45 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Participan o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal Otero, e a presidenta de MEIGA, Miriam Blanco Longa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.04.2013.